As 18 familias que compraron os pisos e queren entrar a vivir nas súas vivendas están a sufrir un gravísimo prexuízo económico ao ter que soportar a carga que supón pagar a nova vivenda e na que residen actualmente. Ademais, á inacción de Naturgy, impídelles empadroarse en Oleiros, coas conseguintes repercusións para as matrículas escolares do vindeiro curso.
O Concello dirixiuse esta mañá a Naturgy para demandar a urxente retirada do poste.