Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Mozos e mozas reparten pílulas de ánimo entre o comercio local de Santa Cruz

 Oleiros, 13 de abril de 2021-. Un grupo de mozos e mozas de Oleiros puxeron en marcha desde as casas da mocidade “Vitamina Xove”, unha iniciativa mediante a que están a repartir pílulas de ánimo e apoio ao persoal dos comercios locais, supermercados e do centro de saúde de Santa Cruz. Ata o momento tivo unha moi boa acollida.

 
As mensaxes foron escritas nunhas papeletas e inseridas dentro dunhas pílulas emulando un complemento vitamínico. Foron repartidas máis de 300 co lema “Cando pense que non saímos desta: lea a mensaxe deste medicamento e sorría un chisco”.
 
A idea xurdiu dun grupo de 6 mozos e mozas que acoden ás casas da mocidade de Santa Cruz e As Pedras, que pretendían realizar unha actividade para dar ánimos aos sectores profesionais do municipio que permaneceron abertos desde o inicio da situación sanitaria. Polo que desde as casas da mocidade se lles deu todo o soporte, espazos e toda a axuda que precisaron para poder levar a cabo a idea.
back link