Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Marta Alonso Tejada presenta o seu espectáculo de danza contemporánea no Gabriel García Márquez

 Oleiros, 10 de novembro de 2021-. Marta Alonso Tejada presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o espectáculo Bailar agora. É unha creación de Victoria P. Miranda, Pablo Reboleiro e Marta Alonso Tejada.

 
Bailar agora é unha sorte de imperativo cara a un posicionamento no presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e como estamos a vivir o aquí e o agora. A proposta sobre como facelo é clara: Bailando.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, a 3,50 euros, ata completar a capacidade permitida da sala. A obra está recomendada para un público adulto. 
back link