Oleiros, 26 de marzo de 2013-. Mañá mércores día 27 de marzo, a partir das 20.00 horas terá lugar no salón de plenos da Casa Charry unha sesión plenaria na que se someterá a votación varios temas de interese para a vida municipal. Entres os puntos a tratar encóntrase a adopción de acordo en orde ao requirimento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia de anulación do acordo acadado polo Pleno do Concello de Oleiros sobre a aprobación definitiva do POL-22, na Sesteira en Perillo, e a adopción de acordo de creación do servizo de transporte e depuración de augas residuais para a xestión directa a través da empresa EDAR Bens, SA e a adquisición de accións da devandita sociedade