Oleiros, 24 de maio de 2021-. Ante a arbitraria decisión da Xunta de Galicia de manter Oleiros entre os municipios en nivel de risco alto, o Concello ten convocada unha concentración en apoio ao sector da hostalería de Oleiros para mañá martes ás 20.00 horas en Santa Cristina, na praza afundida. O Concello fai un chamamento á participación nesta convocatoria de todos os empresarios, empresarias, persoal afectado, así como ao conxunto da cidadanía.
Hemeroteca
Dende Outubro 2010
“É indignante que non se lle permitise abrir á hostalería cos datos que había a semana pasada. A día de hoxe temos 28 casos e o que demandamos con este acto é que non se espere ao venres, que se acorde a apertura inmediata porque son moitas as familias que se están a ver gravemente prexudicadas por esta decisión”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.