Oleiros, 27 de maio de 2022-. Mañá celébrase o XXXII Tríatlon Concello de Oleiros. Os 200 deportistas participantes sairán ás 4 da tarde da praia de Santa Ana para realizar 750 m de natación. Despois terán que completar 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé ata chegar á meta, no parque da Lagoa.
Para o desenvolvemento da proba, a estrada xeral de acceso a Mera (AC-173) permanecerá pechada entre as 16:00 e as 18:00 horas –aproximadamente- desde a intersección de Lourido ata o parque da Lagoa. Os vehículos que queiran dirixirse a Mera poderán facelo a través da vía Ártabra.