Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Música na rúa en Santa Cristina e Santa Cruz este sábado 25 de xullo

Imagen Música na rúa en Santa Cristina e Santa Cruz este sábado 25 de xullo

 O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina e Santa Cruz.

O sábado 25 de xullo en horario de 20:30 a 22:30 terán lugar as actuacións de Nunzia Giannotta (blues, rock´n roll e soul) na Praza Afundida en Santa Cristina; Red Planet (versións pop e rock) na zona das terrazas da Avenida Santa Cristina, e de  13 B (pop, rock e blues) na Praza do Castelo en Santa Cruz.

Este programa apoia a imaxe de Oleiros como un destino atractivo, distinto e de calidade para gozar do verán ademais de atraer clientela ás terrazas e favorecer a actividade da hostalería.