Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Mónica de Nut e Virxilio Dasilva ofrecen un concerto o sábado na Fábrica

Oleiros, 20 de novembro de 2019-. O vindeiro sábado día 23 de nomvebro, ás 20:30 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica de Perillo acolle o concerto de Mónica de Nut e Virxilio Dasilva. Estes dous artisitas galegos presentarán o espectáculo Dos fíos invisibles chegan as cores.

 
Mónica de Nut (voz) e Virxilio da Silva (guitarra) fan música ecléctica galega. O seu proxecto foi premiado na categoría de Músicas do Mundo nos Premios Martín Códax da Música de 2014 e seleccionado entre os 5 mellores discos de jazz dese mesmo ano segundo o Club 1906 de Estrella Galicia. A cantante segue a insistir na combinación de música clásica, jazz, rock e tradición galega; música palleira, mestura de razas e estilos; dispersión sonora que acouga nas tripas. A esperanza está no inesperado, nos fíos invisibles que traen as cores que van chegando.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. 
back link