Oleiros, 14 de setembro de 2022-. Dada a elevada demanda existente, o Concello de Oleiros ampliou o número de grupos das actividades de ioga, relaxación e ximnasia para maiores de 60 anos. Para inscribirse, as persoas interesadas deben chamar por teléfono ao 981610000 en horario de 16:00 a 20:00 horas ata o venres 16 de setembro.
En total, máis de 600 veciños e veciñas participan nas distintas actividades de Envellecemento activo que se desenvolven por todo o municipio.