Hemeroteca

Asset Publisher

Back Máis de 60 nenos e nenas de infantil do colexio Cristo Rey visitan as exposicións e contorna do castelo de Santa Cruz

Tres grupos de educación infantil (68 nenos e nenas) do Colexio Cristo Rey visitaron o venres 19 de xaneiro as exposicións sitas no castelo de Santa Cruz.

As crianzas realizaron unha visita de máis de dúas horas onde puideron gozar de todos os recunchos do xardín do castelo, coñeceron a historia do edificio e visitaron as exposicións permanentes aloxadas no mesmo: "Obxectomanía, unha historia singular do coleccionismo" e “EnsambleIsaac”, adicada á figura de Isaac Díaz Pardo.

back link