Hemeroteca

Asset Publisher

Back Investimento de máis de 350.000 euros en melloras no Parque José Martí

O Concello iniciará nos próximos días, unha vez pasada a Semana Santa, diversas actuacións de mellora no parque José Martí, un dos parques públicos máis emblemáticos do municipio.

As obras centraranse, en primeiro lugar, na renovación integral da zona de xogos coñecida como o Rincón de Cecilia, un espazo moi singular dedicado á figura dunha pediatra exemplar que desenvolveu o seu labor en Oleiros durante moitos anos. Posteriormente, antes da chegada do verán, renovarase o pavimento das distintas rúas interiores do parque. O firme presenta un notable deterioro causado, principalmente, polas raíces das árbores, o que obrigará tamén á substitución de exemplares.

O investimento total destas actuacións ascende a 352.000 euros.

back link