Desta maneira a Escola Municipal de Música de Oleiros continía coas súas actuacións de fin de curso. Nesta ocasión a Orquestra Sinfónica, constituída pola orquestra de cordas, a Banda da escola, a Banda xuvenil e a Big Band, agrupando a un cento de músicos, estará acompañada polos coros da propia escola e polo coro “Tremenda Tremolina”, así como por unha representación do alumnado da Escola Municipal de Danza.
Ao longo de todo o día haberá outras 12 actuacións de distintas agrupacións da Escola Municipal de Música en diferentes espazos públicos de Santa Cruz. A última será o concerto da Big Band, ás 21:00 horas na praza do Castelo.