Oleiros, 8 de xuño de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá que a Consellería de Benestar entregará ao Club de Pensionistas de Mera a chave do novo local habilitado para eles na casa do mar. A entrega e acondicionamento desta sala prodúcese cun adianto considerable respecto ao estado das obras do resto da primeira planta do inmoble, onde se situará un centro de día.
García Seoane, durante unha e as reunións mantidas cos responsables de Benestar, solicitou persoalmente á conselleira Beatriz Mato que axilizase as obras do local, xa que este amplo colectivo de Mera desenvolvía en precario a súa actividade nun habilitado temporalmente polo Goberno local na praza Ana kiro como solución de urxencia. Beatriz Mato accedeu á demanda do alcalde e o vindeiro luns a partir das 9.30 horas esta sala de 50 metros cadrados estará a disposición do Club de Pensionistas.