Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás García Seonae presenta una nueva estructura del gobierno local caracterizada por el ahorro econ

Oleiros, 18 de xuño de 2011-. O alcalde de Oleiros Ángel García Seoane compareceu esta mañá ante os medios de comunicación para informar sobre a proposta de estrutura do Goberno local que será presentada ao pleno o próximo luns. García Seoane presentou un goberno no que se esixe dedicación exclusiva a todos os seus compoñentes e onde se recortan os soldos de varios concelleiros, aqueles postos que na pasada lexislatura estaban remunerados con 30.000 euros pasan a estalo con 25.000, un total de catro. Ademais unha concellería cuxo responsable recibía 40.000 euros diminúe as súas retribucións en 15.000 euros.

Os recortes tamén se estenden aos cargos de confianza, elimínanse cinco destes postos, a secretaria particular de Alcaldía e os catro cargos políticos de cada un dos grupos municipais. Isto supón un aforro de 81.000 euros, xa que se pasa dun gasto de 203.000 euros anuais a 122.000 euros ao ano.

Respecto aos partidos da oposición, o Goberno habilitará unha sala de xuntas independente para que poidan desenvolver a súa actividade e habilitará un funcionario que se dedicará exclusivamente a atender as súas necesidades.

Por outra parte, elimínanse as dietas dos membros do goberno para a asistencia a comisións informativas, plenos e comisións de goberno, estas mantéñense unicamente para os membros da oposición, e o seu importe respecto á pasada lexislatura recórtase en 30 euros por cada comisión pasando de 150 euros a 120 euros.

Así mesmo, García Seoane sinalou que o Organismo Municipal Autónomo de Cultura deixará de funcionar como tal a partir do 1 de xaneiro de 2012 por motivos de operatividade.

Grupo de Gobierno

  1. Alcalde, Ángel García Seoane
  2. Primeira tenente de alcaldía e concelleira de Interior e Seguridade Cidadá, Medio Ambiente, Economía e Facenda, Novas tecnoloxías y Urbanismo María José Varela Neira
  3. Segunda tenente de alcaldía e concelleira de Participación Cidadá, Comunicación, Cooperación e Recursos Humanos, Marga Figueroa Vazquez
  4. Terceira tenente de alcaldía e concelleira de Cultura e Normalización Lingüística, Esther Garrido Pan
  5. Cuarta tenente de alcaldía Concelleira de Deportes, Turismo e Formación e Emprego, Teresa Vázquez Maseda
  6. Quinta tenente de alcaldía Concelleiro de Benestar Social, Sanidade e Consumo, Ignacio Crespo López
  7. Sexto tenente de alcaldía Concelleiro de Servizos Municipais, Venancio José Ramos Pereiro
  8. Concelleiro  delegado de Obras Públicas, Rodrigo López Piquín
  9. Concelleira delega de Facenda e Contratación, Eva María Rioboo Ponte
  10. Concelleira delegada de Ornato Medio Ambiental, Parques e Xardíns, Rosa María Méndez Gómez
  11. Concelleira delegada de Ensino e Xuventude, Sandra Fernández Fernández
back link