Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás García Seoane anuncia que os membros do Goberno local se pecharán na Consellería de Educación s

Oleiros, 27 de marzo de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá que todos os membros do Goberno local de Oleiros se trasladarán a Santiago e se pecharán nas instalacións da Consellería de Educación como medida de presión se a Xunta segue acumulando retrasos na construción do colexio de Nós. García Seoane criticou a actitude do Goberno autonómico, quen non responde aos escritos oficiais do Concello, acto que o rexedor considera «unha falta de respecto institucional». «Defenderemos os intereses de Oleiros e dos seus veciños como sempre fixemos e se para iso temos que ir á Consellería e pecharnos, farémolo»,  asegurou o rexedor.

A Consellería de Educación anunciara a contratación do proxecto de construción deste colexio a través do DOG do pasado 22 de novembro. Neste anuncio marcábanse dous meses de prazo para a entrega do documento de execución dos traballos.  A pesar de que o pasado 19 de decembro se procedeu á apertura de sobres para a súa adxudicación, a día de hoxe continúa sen adxudicarse e o goberno autonómico declina informar ao Concello da situación do futuro equipamento. A redacción deste proxecto, que xa se incluía por parte da Xunta no orzamento xeral de 2010, e que  se volveu a incluír no de 2011, continúa sen realizarse a pesar de que o Concello realizara un forte investimento de 300.000 euros en adquirir e posteriormente ceder á Xunta os terreos para aloxar o centro.


Aulas masificadas
García Seoane referiuse á calidade da educación pública en Oleiros e asegurou que o seu Goberno traballará para conservala. «Non imos permitir que as aulas dos centros de Oleiros se convertan en almacenes de alumnos. Somos un dos concellos de Galicia que máis crece en poboación, no que vai de ano naceron 49 nenos no municipio», sinalou. «Esta en xogo a educación dos nosos  fillos e os nosos netos», sentenciou.
 

back link