Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás García Seoane anuncia a súa oposición á especulación cos terreos do Porto da Coruña

Oleiros, 10 de setembro de 2018-. Este luns o pleno do Concello da Coruña debate sobre os usos do terreo do Porto da Coruña, un tema fundamental para o futuro non só da Coruña, senón de toda a cidadanía da área metropolitana.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, critica de xeito contundente a política que desde hai anos veñen facendo tanto o PSOE como o PP con este tema: “É alarmante ver a algúns partidos especulando coa venta do solo do Porto. O PSOE no seu momento intentou a través dun convenio pagar unha obra que era do Estado e o PP, no seu programa electoral de 2011 xa anunciaba medidas que hipotecaban o futuro do Porto, e agora pretenden facer negocio coa construción de 4.000 vivendas en San Diego”, asegura García Seoane.  O alcalde lembra que os terreos públicos do Porto da Coruña son da cidadanía e non hai nada co que facer negocio.

 

back link