Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás García Seoane afea aos alcaldes as críticas á auditoría contratada por Oleiros para o Consorcio

Oleiros, 10 de setembro de 2018-. Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros, insiste no dereito do Concello de Oleiros a contratar a auditoría e critica a falta de coherencia dos alcaldes de Carral e Cambre á hora de falar do proceso de fiscalización ao ente supramunicipal.

O alcalde lembra que co cambio de lexislación de 2015, o Consorcio das Mariñas quedou adscrito ao Concello de Oleiros e ten a responsabilidade política de auditar anualmente as contas do Consorcio. “Chámannos a atención as saídas de tono dalgúns alcaldes. Por que non lles gusta a auditoría? Teñen algo que agochar?”, sinala García Seoane.

Así mesmo, o primeiro edil oleirense destaca en declaracións en varias emisoras de radio da comarca a incoherencia do alcalde de Carral por criticar a decisión de auditar as contas anuais do Consorcio e insinuar un afán electoralista detrás da auditoría: “Agora eles veñen dar consellos sobre contratación pública. Consellos que non aplican nos lugares nos que gobernan. Que nos vai ensinar o alcalde de Carral sobre contratación cando a Intervención do seu concello está a sinalar irregularidades manifestas nas facturas pendentes do seu Concello?”, sentencia Ángel García Seoane.
 

back link