Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás exposición fotográfica composta polas imaxes do proxecto «Entre nós» trasládase á Fábrica

 Oleiros, 20 de xaneiro de 2014-. A exposición fotográfica composta polas imaxes do proxecto «Entre nós» trasládase mañá á Fábrica onde permanecerá ata finais do próximo mes de febreiro. A mostra organizada polo Concello de Oleiros é o resultado dunha iniciativa na que participan doce rapaces de etnia xitana pertencentes aos poboados das Rañas e A Pasaxe. 

O proxecto está dirixido polo fotógrafo Gabriel Tizón e promovido pola ONG Arquitectos sen Fronteiras. Esta interesante exposición consta de corenta e oito fotografías de gran formato realizadas polos alumnos e alumnas do proxecto. As imaxes que se expoñen amosan a realidade da sociedade vista por estes mozos e mozas.
 
back link