Hemeroteca

Asset Publisher

Back Esta tarde celébrase unha asemblea informativa nas Torres de Santa Cruz para informar dos corte

Oleiros, 9 de outubro de 2017-. Hoxe ás 20 horas nas Torres de Santa Cruz terá lugar a primeira das dúas asembleas informativas abertas aos veciños e veciñas de todo o municipio nas que o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, informará sobre os cortes de tráfico e os cambios na circulación que se van producir desde finais do mes de outubro con motivo das obras do sifón da ponte da Pasaxe e do novo colector da rede de saneamento. O mércores ás 20 horas haberá outra no auditorio da Fábrica, en Perillo.

Xunto co tanque de tormentas que se está a construír en Santa Cruz, esta importante actuación completará definitivamente a rede de saneamento do Concello de Oleiros. A obra consiste, entre outras cousas, na colocación dunha grande tubaxe dun metro de diámetro baixo o carril dereito da avenida Ernesto Che Guevara -dirección A Coruña, desde a rotonda do monumento ao Che ata a ponte da Pasaxe-, que  obrigará a cortar ese carril en tramos de 100 metros durante máis de seis meses.
 

back link