Hemeroteca

Asset Publisher

Back En caso de choiva, anularase a cabalgata, pero os Reis Magos si estarán na Casa do Concello e nas festas de Mera, Perillo e Iñás

Todos os nenos e nenas de Oleiros están invitados a participar mañá ás 16:30 horas na recepción oficial dos Reis Magos que se realizará na Casa do Concello. Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos polo alcalde e saudarán desde o balcón da Casa Consistorial.

Acto seguido iniciarán o percorrido previsto por todas as localidades, aínda que en caso de chuvia non será posible realizalo e terá que ser anulado. Con ou sen chuvia, ademais da Casa do Concello, os Reis Magos si estarán en Mera (Parque da Lagoa), en Perillo (pavillón do CEIP Valle Inclán) e en Iñás (Casa do pobo), nas festas que organizan as entidades veciñais coa colaboración do Concello.

De non chover, os horarios aproximados de paso dos Reis Magos son os seguintes, aínda que poderían sufrir variacións en función do tráfico:

¿16:30 H - Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio
¿16:45 H - Avenida Francisca Herrera
¿16:50 H - Avenida Isaac Díaz Pardo, urbanización Os Regos
¿17:00 H - Avenida Rosalía de Castro, Casa do Pobo de Montrove
¿17:10 H - Rúa das Garridas
¿17:20 H - N-VI, Avenida das Mariñas (Agramar-Beiramar)
¿17:25 H - Urbanización O Seixo
¿17:40 H - Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido
¿17:55 H - Avenida Salvador Allende, Casa do Pobo de Nós
¿18:05 H - Avenida Espoz y Mina
¿18:10 H - Rúa da Vila, Casa do Pobo de Iñás
¿18:15 H – Rúa Fonte do Ouro, urbanización Arenaza
¿18:30 H – O Couto, Rúa do Golfiño
¿18:40 H – Avenida Giménez Herrero, Casa do Pobo de Dexo
¿18:50 H – Rúa Doutor Fleming
¿19:00 H – Paseo de Mera
¿19:05 H – Avenida María Pita
¿19:10 H – Avenida República Arxentina, Breixo
¿19:15 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo
¿19:25 H – Rúa Viñas de Babilonia
¿19:35 H – Avenida Concepción Arenal
¿19:40 H – Avenida Che Guevara
¿19:50 H – Rúa Darwin
¿20:00 H – Avenida Santa Cristina
¿20:10 H – Rúa Miradoiro
¿20:15 H – Pavillón CEIP Valle Inclán

back link