Hemeroteca

Asset Publisher

Back El Fondo Galego de Cooperación y Solidaridad renueva la Comisión Ejecutiva en la que Oleiros as

Oleiros, 3 de outubro de 2011-. O Concello de Oleiros asume unha das cinco vogalías na nova comisión executiva do Fondo Galego Cooperación e Solidariedade. A Asemblea Xeral de socios que tivo lugar o pasado venres  decidiu  por unanimidade a Comisión Executiva, que nos próximos catro anos vai estar presidida por Teresa París (PP), representante do Concello de Redondela. A vicepresidenta será Isaura Abelairas (PSdeG-PSOE), do Concello de Vigo, mentres que a tesoureira vai ser Pilar Gallego (BNG), do Concello de Allariz. A Secretaría continuará correndo ao cargo do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), que impulsou a creación da asociación en 1997.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que engloba a 96 concellos e ás catro deputacións de Galicia. Fundouse en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galegos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste xeito de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do sur e facilitar unha meirande sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.

Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 135 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do norte e do sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade está a desenvolver unha intervención de post-urxencia no Haití e mantén aberta unha conta de urxencia para contribuír a paliar a crise alimentaria no Corno de África.

back link