Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás El Ayuntamiento vallará el acceso a la cala de Portelo por riesgo de derrumbe

Oleiros, 7 de xullo de 2014-. El alcalde Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá que o Concello de Oleiros restrinxirá temporalmente o acceso á cala do Portelo, na península de Canide, debido ao risco de derrubamento que existe na zona. Os temporais que afectaron á costa o pasado inverno danaron parte dunha finca privada que pode provocar novos derrubamentos sobre o areal, o que comprometería a seguridade dos usuarios e usuarias.

O acceso quedará valado ata que se leve a cabo a obra que consolidará o terreo. Segundo sinalou o propio rexedor a Demarcación de Costas e o propietario da finca atópanse ultimando o proxecto que se executará, polo que os traballos poderían comezar nos próximos días.

 

back link