Oleiros, 3 de decembro de 2019-. Este xoves 5 de decembro, ás 20:00 horas, o auditorio das Torres de Santa Cruz acollerá a presentación do libro ‘Los niños de Same’, do fotógrafo Dani Arias. O autor desta publicación traballa como reporteiro gráfico para a TVG desde hai 25 anos.
‘Los niños de Same’ amosa a viaxe do autor a Tanzania, á localidade de Same. Arias conviviu cos nenos e nenas deste lugar durante dúas semanas para retratalos dunha maneira próxima e lenta. Trátase de nenos e nenas con diferentes diversas funcionais pertencentes a familias sen recursos.