Oleiros, 12 de xullo de 2021-. A próxima semana impartirase un curso práctico de DJ dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos. Esta actividade desenvolverase na Casa da Mocidade das Pedras os días 19, 20, 21 e 22 de xullo de 11:30 a 13:00 horas.
Este curso achegará ferramentas básicas, ofrecendo a oportunidade de manexar novas tecnoloxías dixitais e programas especializados, con contidos referidos as novas linguaxes de creación e prácticas dos DJs. Trátase dunha modalidade práctica e entretida. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través da web https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com, no teléfono 981 977 944 ou no correo electrónico pix.aspedras@gmail.com.