Oleiros, 30 de xullo de 2021-. Os días 6, 13, 20 e 27 de agosto terá lugar o curso de parkour nas casas da mocidade. Trátase dunha actividade gratuíta dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos.
No curso aprenderanse técnicas básicas da disciplina, exploraranse as propias habilidades motrices, identificar diferentes tipos de obstáculos, execución das técnicas con seguridade, fomentarase o traballo en equipo e a resolución de conflitos entre outros contidos.
Este curso forma parte do programa NoctambOleiros, que con carácter mensual propón diferentes actividades para a xuventude nas casas da mocidade. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través da web https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com, no teléfono 981 977 944 ou no correo electrónico pix.aspedras@gmail.com.