As clases teóricas e prácticas desenvolvéronse entre o 2 e o 9 de maio nas instalacións que a ONGD coruñesa Ecodesarrollo Gaia posúe en Yoff: o centro “Escola Coruña”, un espazo de referencia para a educación e formación de poboación con escasos recursos.
Hemeroteca
Dende Outubro 2010
|
|
O Concello financiou con 2.400 euros o proxecto da ONG Solidariedade Galega en Senegal no que dous médicos viaxaron ata o país africano para realizar unha formación sanitaria coa que contribuír a mellorar a seguridade dos profesionais dedicados á pesca artesanal por inmersión, actualmente cuns índices moi elevados de sinistralidade e mortalidade laboral. Os doutores Salvador Fojón e Jesús Herranz, especialistas en medicina subacuática e cunha ampla experiencia, instruíron os mergulladores senegaleses para facer máis segura a súa profesión.