Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Continúan os bailes para maiores, este sábado en Montrove

Imagen Continúan os bailes para maiores, este sábado en Montrove

De Baile en Baile é o nome dun novo programa cultural e de convivencia entre persoas maiores que se consolida como referente de festa e ocio activo. Celebrarase os sábados pola tarde nas distintas casas do pobo.
 

Este sábado 28 de febreiro, de 17.00 a 20.00 horas, terá lugar un novo baile na Casa do Pobo de Montrove (Rúa Casares Quiroga). Amenizará a tarde o Dúo Matices.

Como novidade, este ano incorpórase tamén un servizo de recepción e acompañamento das persoas participantes, para cubrir calquera circunstancia que puidese acontecer.