Hemeroteca

Asset Publisher

Back Comezan os traballos de renovación da rede de augas na avenida das Mariñas

Oleiros, 18 de xaneiro de 2016-. Comezaron os traballos de renovación da rede de augas no tramo da avenida das Mariñas que vai desde Beiramar ata en fronte da Biblioteca Rialeda, en Perillo. A vida útil da nova instalación, que custará 169.680,70 euros, é de vinte anos e os gastos de mantemento pasarán a ser os mínimos.

As tarefas comezaron a pasada semana na zona máis próxima á ría, sobre os parques das urbanizacións Beiramar e Agramar. Como é habitual, crearase unha malla para que, ante eventuais cortes da subministración, as interrupcións sexan mínimas. Ademais, o pavimento do paseo da ría nas zonas que está deteriorado será reparado.

A rede xeral de abastecemento de auga existente na marxe esquerda da avenida das Mariñas, no tramo comprendido entre a ponte da Pasaxe e O Graxal, foi instalada hai máis de 35 anos, sendo a primeira rede que levou o abastecemento municipal de auga potable aos núcleos urbanos do Seixo, O Graxal, Paraíso e Beiramar. Debido á súa antigüidade e ao tipo de material do que están formadas as tubaxes desta zona, propio de tempos pasados, era moi importante realizar esta actuación para asegurar unha subministración sen diminucións da calidade.

O treito afectado polas obras vai concretamente desde a rúa dos Álamos e a rúa Marisqueira, afectando especialmente aos veciños das urbanizacións Agramar e Beiramar.
 

back link