Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Comezan os trámites de contratación da obra de ampliación da estrada da Besta

Oleiros, 15 de marzo de 2018-. A Deputación da Coruña  acordou sacar a contratación a obra de ampliación da estrada da Besta, que conecta o centro de Mera coa vía Ártabra. O importe de licitación desta actuación é de 613.982,24 euros.

“Vai ampliarse a calzada e vanse crear beiravías para os peóns. É unha obra moi necesaria, porque circular por esta estrada a día de hoxe resulta moi perigoso, tanto para as persoas que van camiñando como para os coches”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

A obra sae agora a contratación pero non vai estar adxudicada, aproximadamente, ata o mes de setembro. A nova lei de contratación imposta polo Goberno central obriga a realizar uns procesos administrativos moi longos.“Indudablemente vou estar enriba do tema para que a contratación sexa o máis áxil posible, igual que estiven anteriormente para que fixeran o proxecto e o sacaran a contratación”, dixo García Seoane.
 

back link