Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Comezan nas bibliotecas os programas municipais A hora do conto e Ler conta moito

Oleiros, 19 de setembro de 2014-. A partir do próximo xoves 25 de setembro e ata principios de decembro o Concello de Oleiros porá en marcha 58 actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos nas bibliotecas municipais. Desde os tradicionais contacontos, nos que os contadores e contadoras narrarán un ou varios contos cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, ata actividades de maxia, música, teatro, danza, monicreques, taller de ilustración, creación de fósiles de dinosauros, realización de experimentos científicos ou obradoiro de creación de imaxes en movemento. Todas estas iniciativas están pensadas para fomentar a lectura e difundir os libros, pero tamén para estimular a imaxinación e  a creatividade.  

 
Os obxectivos que se intentan conseguir son que as nenas e nenos participantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores e lectoras ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.
 
Ademais das sesións da Hora do conto habituais dirixidas a menores de 10 anos nas que poden asistir todos os nenos e nenas desas idades que o desexen, tamén se van realizar, na Biblioteca Central Rialeda en Perillo, na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz e na Biblioteca Mª José Trincado de Mera,  contacontos especiais para nenas/os menores de 4 anos, nos que se dispón dunha capacidade limitada a un máximo de 30 prazas por sesión, polo que é imprescindible inscribirse para reservar praza chamando aos teléfonos sinalados. Todas as actividades poderán consultalas no portal web municipal, na sección de bibliotecas e tamén no blog das bibliotecas municipais. 
 
back link