Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Comeza a nova campaña de promoción da lectura impulsada polas bibliotecas municipais para os centros de ensino público

As Bibliotecas Municipais de Oleiros emprenden este curso unha nova Campaña de promoción da lectura coa fin de que o alumnado dos centros de ensino público do Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como coñecer as bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen. 

Uns 3.100 nenos/as, adolescentes e mozos/as participarán na programación organizada polas bibliotecas dende o 19 de febreiro ata o 13 de maio.

Serán 86 actividades repartidas entre a Biblioteca Central Rialeda, Biblioteca e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro de Sta. Cruz, Biblioteca Manuel María de Oleiros e Biblioteca Mª José Trincado de Mera. 

Entre outras actividades realizaranse visitas guiadas á Biblioteca Central Rialeda e obradoiros de ilustración e cómic a cargo do ilustrador Miguel Cuba. Celebraremos datas conmemorativas como:

- Día de Rosalía de Castro con Rosalía pequena e A miña historia. 
- Día da Muller con Directas ao espazo. 
- Día da Poesía, no que contaremos coa Premio Nacional de Poesía 2023, Yolanda Castaño. 
- Día do Libro Infantil e Xuvenil con Voar sen medo, baseado no libro Valados de Agustín Fernández Paz.
- Día do Libro con A Odisea en 50 minutos, Valle Inclán e ti e El Quijote.
- Día das Letras Galegas con A mitoloxía na obra de Begoña Caamaño e A gran viaxe das Letras. 

Todas as sesións serán realizadas por contadores/as como Chus Álvarez acompañada pola música e voz de Ángeles Dorrio, A Xanela do Maxín, Charo Pita, Galeatro... e escritoras como Isabel Andrés.

back link