Hemeroteca

Asset Publisher

Back Charlas de divulgación científica na biblioteca Rialeda: "Arquitectura sostible: a casa bioclimática e a casa ecolóxica"

O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” regresa á biblioteca Rialeda o próximo venres 24 de maio da man dos arquitectos Marcos Álvarez Montes e Susan Moriyón Romero.

O venres 24 de maio ás 18:30h terá lugar unha charla sobre arquitectura sostible impartida polos arquitectos Marcos Álvarez Montes e Susan Moriyón Romero e enfocada nas casas bioclimáticas e casas ecolóxicas.

Os obxectivos do programa “Ler para saber”  son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.

As charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.

A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.

Máis información na Biblioteca Rialeda.
 

back link