Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Charla aberta sobre acollemento familiar e protección da infancia

O Concello de Oleiros, desde o Programa de Familias Inquedas, organiza en colaboración coa Asociación ACOUGO unha charla aberta o xoves 8 de maio ás 18:30 h no auditorio das Torres de Santa Cruz.


O título da charla é “O acollemento familiar: unha oportunidade para a rapazada no sistema de protección” e será impartida polo equipo técnico da Asociación ACOUGO, unha ONG comprometida co benestar da infancia.

A defensa das persoas menores de idade que están dentro do sistema de protección á infancia é o gran compromiso desta entidade, ofrecendo o seu apoio a familias, administracións e sociedade en xeral para acadar este obxectivo.

O fin desta charla é dar a coñecer as distintas actividades e programas que se impulsan e leva a cabo dende a Asociación ACOUGO para protexer a infancia, dende o apoio a familias acolledoras como os diversos proxectos nos que a sociedade pode colaborar para ser referente de persoas menores de idade que están dentro do sistema de protección. 

Non é necesaria a inscrición previa para asistir á charla. Haberá un servizo de conciliación para aquelas persoas que o precisen. Para facer uso deste servizo teñen que contactar no 622 672 188 ou ben a través do enderezo electrónico info@acougo.gal. 

back link