Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás As piscinas municipais pecharán ante as novas restricións decretadas pola Xunta

 Oleiros, 20 de xaneiro de 2021-. Debido ás últimas restricións sanitarias decretadas pola Xunta de Galicia, que entran en vigor esta medianoite, os complexos deportivos municipais de Perillo, A Fábrica, Oleiros e Dorneda permanecerán pechados. O motivo principal desta decisión é a imposibilidade de usar duchas e vestiarios por parte das persoas usuarias das instalacións.

 
Inicialmente, estas restricións terán unha duración de 15 días. As piscinas volverán abrir unha vez se regrese á actual situación.
back link