Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás As ilustracións vectoriais de Luís Galán serán expostas na Fábrica a partir deste xoves

Oleiros, 9 de febreiro de 2014-. A  sala de exposicións do centro cultural A Fábrica acollerá desde o próximo xoves 12 de febreiro a exposición itinerante de ilustracións vectoriais do deseñador gráfico e cartelista Luís Galán titulada “As mariñas de nunca xamais”. A mostra, que permanecerá exposta ata o 21 deste mes, inaugurarase coa presenza do autor.

 

A iniciativa busca a promoción e difusión de manifestacións artísticas e culturais do noso territorio. Neste caso, o autor amósanos as paisaxes e recunchos dos nove concellos a través dunha novidosa técnica de ilustración denominada Giclee, unha ferramenta de traballo que utiliza un software especializado.

 

Paralelamente á exposición,organízase un obradoiro didáctico aberto ao público en xeral para dar a coñecer esta particular técnica de ilustración vectorial entre aquelas persoas afeccionadas ao debuxo, á pintura, ao deseño gráfico, á fotografía ou á creación audiovisual.

 
back link