Hemeroteca

Asset Publisher

Back As cadelas Blaqui e Luna visitan as escolas infantís de Oleiros

 O Concello está a realizar unha nova actividade de educación canina nas 4 escolas infantís públicas, que combina aprendizaxe e sensibilización. Dirixida ao alumnado de 2 a 3 anos, esta intervención educativa busca fomentar unha convivencia segura e respectuosa entre os nenos e nenas e os cans.

A actividade desenvólvese en oito sesións repartidas entre as aulas da Braña en Mera, A Pardela nos Regos, As Galeras en Bastiagueiro e A Canteira en Perillo. Nelas, un equipo profesional, acompañado de dúas cadelas especialmente adestradas para este tipo de intervencións, guía o alumnado no coñecemento das necesidades dos cans, as responsabilidades do seu coidado, a maneira axeitada de relacionarse con eles e os distintos labores que poden desempeñar. Ademais, esta actividade contribúe a diminuír o medo aos cans e promove valores como o compañeirismo e o respecto das quendas, sempre nun entorno lúdico e afectivo para os cativos. 

back link