Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás As Bibliotecas Municipais volven estar abertas nos seus horarios habituais

 Oleiros, 18 de febreiro de 2021-. Ante o cambio nas restricións sanitarias decretado pola Xunta de Galicia, todas as Bibliotecas Municipais volven estar abertas nos seus horarios habituais. As sesións da Hora do Conto programadas, dirixidas a nenas e a nenos maiores de 6 anos, continuarán emitíndose a través da páxina web do Concello e do blog das Bibliotecas Municipais. Os contacontos colgaranse nas súas correspondentes datas ás 18:30 horas, e estarán dispoñibles durante 48 horas.

 
A programación de contacontos é a seguinte:
 
18 de febreiro – Gliz, o pintor de flores con Anxo Fariña
19 de febreiro – Revolto de contos e participar con Ramiro Neira
22 de febreiro – Contos e cantos con Caxoto
23 de febreiro – Un mundo cheo de imaxes e cantigas con Fátima Fernández
24 de febreiro – Un bico, un cantar con Soledad Felloza
25 de febreiro – Dúas nenas moi valentes con Trémola
26 de febreiro - Un conto baixo a almofada con Caxoto 
 
Para calquera dúbida ou aclaración é posible dirixirse por teléfono (981610000) ou correo electrónico ás distintas bibliotecas.
 
back link