Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás As bibliotecas municipais organizan esta semana dous obradoiros de ilustración e banda deseñada

Oleiros, 7 de maio de 2013-. A rede municipal de bibliotecas do Concello de Oleiros organiza ao longo desta semana dúas actividades ademais das habituais sesión da Hora do conto. Os alumnos e alumnas da Rabadeira poderán gozar dun interesante obradoiro de ilustración e banda deseñada que se celebra hoxe e mañá. Ademais o próximo 10 de maio haberá unha nova sesión do Roteiro Cultural e literario.

Co obradoiro preténdese dar a coñecer diferentes ilustradores e ilustradoras galegos e introducir os escolares no mundo da novela gráfica. Os obxectivos que se pretenden conseguir son mostrar diferentes técnicas de ilustración e banda deseñada, fomentar a creatividade e a imaxinación e promover a lectura de obras de banda deseñada.

Pola súa parte o roteiro é unha actividade que se organiza entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores de Oleiros. Consiste no percorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron diferentes mulleres e homes ilustres, como unha homenaxe a todos eles. Comezamos en Santa Cruz con Syra Alonso e Francisco Miguel, trasladámonos ao Pazo de Lóngora con Fanny Garrido e Marcial del Adalid, posteriormente desprazámonos a Oleiros onde veraneou Francisca Herrera. Os obxectivos que se pretenden conseguir son dar a coñecer diferentes mulleres e homes ilustres que viviron ou pasaron diferentes tempadas no Concello de Oleiros, mellorar o coñecemento do patrimonio e espazos do termo municipal de Oleiros e  promover a lectura.

 

back link