Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás As bibliotecas municipais de Oleiros acollen 74 sesións da Hora do conto ata o próximo mes de m

Oleiros, 7 de febreiro de 2014-. A partir do próximo 14 de febreiro e ata finais de maio, o Concello de Oleiros porá en marcha un total de 74 sesións de contacontos dirixidas a nenas e nenos menores de 10 anos na rede municipal de bibliotecas. Estas actividades levaranse a cabo en todas as bibliotecas municipais, a través de narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e  a creatividade.

Ademais das sesións da Hora do conto habituais para nenas e nenos menores de 10 anos que se celebrarán, como sempre, ás 18:30 horas, este ano temos unha novidade, xa que na Biblioteca Central Rialeda en Perillo e na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz, vanse realizar, nas datas que indicamos máis abaixo, contacontos especiais para nenas e nenos de 1 a 4 anos, sesións para as que será imprescindible reservar praza chamando aos teléfonos sinalados, xa que se dispón dunha capacidade limitada a un máximo de 30 prazas por sesión. Estes contacontos celebraranse ás 17.00 horas.

Os obxectivos que persegue o Goberno local son que os nenos e nenas participantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores e lectoras ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.
 

back link