Oleiros, 3 de febreiro de 2020-. As sete bibliotecas municipais acollerán obradoiros de creación de peliqueiros articulados e outras figuras do Entroido galego. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas maiores de 6 anos.
Para participar é imprescindible inscribirse previamente na biblioteca na que se desexe participar, desde dez días antes. Os obradoiros serán en todos os casos ás 17:30 horas. Na Biblioteca María José Trincado de Mera e na Biblioteca Ánxel Fole de Nós o día 14 de febreiro, na Biblioteca María Jose Ruso de Dorneda o día 17, na Biblioteca Manuel María de Oleiros e na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé o día 18, na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz o día 19 e na Biblioteca Central Rialeda o día 20.