Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás As ANPAS dos centros de ensino público organizan en colaboración co Concello de Oleiros unha formación sobre tecnoloxías e menores para toda a comunidade educativa

A formación gratuíta, orientada ás familias, sobre tecnoloxías e a súa afección no cerebro dos menores será o xoves 25 de abril ás 17:00 horas no auditorio do Centro Cultural A Fábrica.
 

A tecnoloxía acompaña ás crianzas desde o berce mais realmente non se saben as consecuencias cognitivas do consumo da mesma nos primeiros anos de vida. A era dixital e o desenvolvemento das tecnoloxías a todos os niveis inflúen de forma moi significativa no cerebro das crianzas expostas ás mesmas baixo a falsa crenza de que tecnoloxía é sinónimo de evolución e desenvolvemento positivo.

A formación impartida por María Couso, licenciada en Pedagoxía (UNED), Mestrado en Psicopedagoxía Clínica, Grado en Primaria (UCJC) e Posgrado e Mestrado de Neuroeducación pola Universidade de Barcelona (UB); abrangue aspectos como a maduración do cerebro, motivo(s) da adicción tecnolóxica, adiccións derivadas da tecnoloxía na infancia e adolescencia, trastornos do xogo a través da pantalla, consecuencias da exposición a pantallas, linguaxe oral e escrita, TEA e pantallas, uso educativo da tecnoloxía ou decálogo dunha boa praxe acorde ó desenrolo cognitivo; entres outros.

Desde o Concello de Oleiros anímase a toda comunidade educativa a participar desta formación ademais de concienciarnos sobre as consecuencias cognitivas do uso e abuso de pantallas a idades temperás cunha base plenamente neurocientífica e polo tanto obxectiva e fiable.

back link