Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás As alumnas do obradoiro da memoria imparten clases de historia do mar no Colexio Luis Seoane de

Oleiros, 22 de febreiro de 2019-. Esta semana o alumnado de 3º de primaria do CEIP Luis Seoane recibiu a visita de Maruja (mariscadora), Elena e Marisa (redeiras), Maruja (traballadora dunha conserveira) e Chiruca (patroa de barco), cinco mulleres fortes e valentes que reivindicaron o seu papel nos distintos traballos e profesións relacionadas co mar. Os nenos e nenas que acoden a este centro son principalmente das parroquias de Dorneda, Maianca, Serantes e Dexo, localidades nas que o mar é unha parte moi importante nas súas vidas, ben por lecer, ben por traballo, polo que coñecer de primeira man, por parte das súas protagonistas, como era todo hai uns anos ten un valor impagable e ten por resultado unha experiencia moi gratificante.

Coñeceron e descubriron o mar e as súas profesións, como se facían as redes e para que se usaban, os distintos tipos de peixe e de mariscos, como se pescaban e trataban para conservalos…, en definitiva, unha inmersión no mundo do mar cunha perspectiva de xénero e interxeracional que achega coñecementos e un enriquecemento persoal tanto a maiores como a pequenos.

Posteriormente serán o CEIP Juana de Vega de Nós e o CEIP A Rabadeira de Oleiros aos que acudirán as persoas que participan nos talleres de memoria do programa de envellecemento activo 60+ dos Servizos Sociais de Oleiros para compartir historias da súa vida así como explicar como era antes a infancia nas localidades nas que viven.

No CEIP Juana de Vega falarán de “O barro e as súas vivencias”, contando historias arredor da telleira que había nos Vilares na parroquia de Nós e no CEIP A Rabadeira, que se estrea este ano na actividade, as clases xirarán sobre “As escolas e a diversión” hai anos nesta parroquia.

back link