Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Arranca una nueva edición de Ocioleiros

Oleiros, 25 de xaneiro de 2011-. O próximo luns comeza o programa municipal de actividades Ocioleiros no que anualmente participan ao redor de 1.300 veciños e veciñas do municipio. A edición deste ano oferta novas e divertidas actividades como os bolos, coiro ou costura de supervivencia. Ademais consérvanse as disciplinas que máis éxito acadaron en pasadas edicións.

O programa Ocioleiros é unha das actividades municipais que conta con maior participación veciñal. O seu deseño permite ofertar cursos clasificados por grupos de idade, de 14 a 18 anos, de 18 a 40, e de 41 a 65 anos, o que contribúe a dinamizar a vida social no municipio e  mellora as relacións de amizade entre a cidadanía das distintas parroquias. Ocioleiros permite un mellor aproveitamento do tempo de ocio coa práctica de actividades deportivas, culturais gastronómicas ou artísticas. Este programa desenvólvese de xaneiro a maio. Como vén sendo habitual, ao remate das actividades terá lugar un sorteo de tres viaxes culturais para os distintos grupos de idade.

back link