Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Arranca nas bibliotecas municipais o programa Ler conta moito

 Oleiros, 23 de setembro de 2014-. Comeza na Rede municipal de biblioteca o programa de actividades infantís Ler conta moito. O próximo mércores día 25 ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño de Lorbé, realizarase un obradoiro de ilustración para nenos de entre 3 e 12  anos no que se transformarán as verduras ou os froitos secos en personaxes de ficción. Posteriormente, coas obras elaboradas, crearase un mural colectivo que se poderá ver  a través da web municipal.

 
Pola súa parte, o venres 26 ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal María José Trincado de Mera, levarase a cabo a narración oral para bebés titulada Triquitraque Traquetriqui a cargo da actriz Charo Pita. Esta actuación esta dirixida a nenas e nenos desde 1 a 4 anos, nela poderán gozar con palabras, trabalinguas, historias, algún silencio, libros, xogos co corpo, cancións que arrolan, sons sorprendentes, e todo un “triquitraque” para que na biblioteca os máis pequenos tamén poidan gozar coas historias no colo daqueles que ben os queren. As prazas son limitadas polo que é necesario realizar un inscrición a través da propia biblioteca.
 
Tamén o venres á mesma hora, na Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole de Nós, organizarase a actividade de maxia denominada Chrystyan Magic. Na senda da serpe alada a cargo do mago Chrystyan Magic, dirixida para nenas e nenos de 5 a 12 anos. Con este espectáculo de maxia descubrirá a ilusión, a fantasía que se esconde en todos os libros e na lectura, só con deixar voar a imaxinación e poñer en práctica a súa creatividade. Cando a imaxinación camiña sobre as palabras, infinitas posibilidades se abren ante nós. 
 
back link