Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Ante o gran aumento da demanda do Servizo de Axuda no Fogar precísase contratar máis persoal

 Oleiros, 22 de xaneiro de 2021-. Debido ao aumento da demanda, o Concello de Oleiros vai incrementar o Servizo de Axuda no Fogar, no que inviste anualmente 1,7 millóns para atender nos seus domicilios ás persoas maiores e dependentes que o precisan. Ante este aumento, a empresa que presta este servizo precisa con urxencia a contratación dun mínimo de 4 persoas.

 
Á marxe da titulación específica, calquera persoa que teña algún tipo de titulación relacionada co sector sanitario podería incorporarse de inmediato. Aquelas persoas interesadas en traballar neste servizo deben contactar co departamento de Servizos Sociais e Igualdade chamando ao 981610000.
back link