Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Ante a prohibición de festas e romarías, o BNG actúa de comparsa do PP en Oleiros

 Oleiros, 28 de xaneiro de 2021-. O BNG arremete nun comunicado contra a xestión do Goberno municipal en relación coas ruínas de Casa Carnicero, que foron demolidas ante o inminente perigo para a seguridade cidadá por orde do alcalde, ao amparo da lexislación vixente. O BNG acusa ao Concello de “cubrir cun manto de silencio os cascallos” desta ruína e califica o asunto como “un dos temas máis complexos da política municipal de Oleiros nos últimos meses”.

 
O Goberno municipal de Oleiros considera que o único complexo é o do BNG, que utiliza á deputada Mercedes Queixas para facer chegar ao Parlamento a demolición destas ruínas. Que a dirección do BNG entenda que este é un asunto para tratar no Parlamento de Galicia vén amosar a súa altura de miras política.
 
Están a falar do único concello de Galicia e de España que se nalgo destaca e se diferencia de todos os demais é na seriedade das políticas urbanísticas, que permiten conservar e protexer o medio ambiente e o patrimonio arquitectónico de Oleiros. Froito desas políticas, restauráronse e recuperáronse 22 quintas, pazos e casas señoriais que hoxe son propiedade do Concello grazas a compras, convenios e expropiacións.
 
Ante a imposibilidade de celebración de romarías, verbenas e festas, o BNG quere facer de comparsa do PP en Oleiros. O Goberno municipal de Oleiros agarda que algún día cambien os compositores das letras desta ridícula comparsa.
back link