Hemeroteca

Asset Publisher

Back Ante a presión do Concello, a Xunta inicia a limpeza das praias de Oleiros, pero de maneira deficiente

A raíz das denuncias efectuadas polo Concello, a Xunta iniciou en Mera a limpeza das praias de Oleiros. Lamentablemente está a ser unha acción máis propagandística que efectiva, dado que os medios despregados son totalmente insuficientes para eliminar a contaminación existente. Resulta imprescindible máis persoal e, ante todo, o uso de maquinaria específica.

A Xunta de Galicia esta a xestionar de maneira nefasta este grave problema medioambiental, tardando máis do debido en asumir as súas responsabilidades e intentando enganar a cidadanía con todo tipo de mensaxes falsas e esperpénticas. Coa declaración do nivel 2 de alerta por contaminación, o Goberno do Estado non pode demorar máis a mobilización dos seus recursos para frear a chegada de granulados á costa.

O Concello instalou contedores nos accesos das praias nas que se detectou contaminación para que aquelas persoas que voluntariamente están a recoller os granulados poidan depositalos. En concreto foron colocados en Espiñeiro, Mera, Naval, Santa Cruz, Bastiagueiro, Santa Cristina, Canide, Portelo e Bastiagueiro Pequeno.


 

back link