Oleiros, 21 de febreiro de 2014-. Este sábado 22 de febreiro 14 alumnos de Street Dance da Escola Municipal de Danza viaxan a León para tomar parte no February Hip Hop León 2014, onde por unha banda participarán o mesmo sábado en 5 clases maxistrais dos máis prestixiosos e recoñecidos mestres de hip hop actual. Ademais o domingo os ditos alumnos tomarán parte na categoría junior do Campionato Funk León.
O Concello de Oleiros, entendendo que este tipo de actividade axudan a formarse aos bailaríns e bailarinas da Escola colabora coas familias no traslado ata León e a inscrición no campionato. O importante non é o campionato senón a participación nas masterclass que contribuirá a ver e a aprender outras técnicas de baile.