Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Adxudicadas as obras de creación da biblioteca medioambiental no Pazo de Lóngora

 Oleiros, 12 de febreiro de 2021-. O Concello de Oleiros adxudicou por 220.633,82 euros as obras de creación dunha biblioteca medioambiental no Pazo de Lóngora. Este novo espazo cultural público estará situado nas antigas caballerizas, que se atopan sen uso na actualidade.

 
A Fundación Amancio Ortega paga integramente as obras de restauración e adecuación do edifico para o seu novo fin. Inicialmente, esta nova biblioteca contará con todo o material bibliográfico que se atopa no Ceida, no Castelo de Santa Cruz.
 
O Pazo de Lóngora é unha propiedade municipal. O Concello  cedeulle o uso á Universidade da Coruña no ano 1997 para a creación do Instituto Universitario do Medio Ambiente.
back link