Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Actividades das escolas municipais de música e de danza durante a semana grande de actuacións

 Oleiros, 15 de decembro de 2011-. A Escola Municipal de Música da Fábrica e a Escola Municipal de Danza teñen previsto realizar un amplo programa de actuacións como remate do primeiro trimestre deste curso escolar 2011/2012. O dito programa, enmarcado dentro das iniciativas extraescolares promovidas polas nomeadas escolas artísticas municipais, comezarán o día 12 de decembro e rematarán o día 21 do mesmo mes. Destacar, como pioneiras, as actuacións conxuntas de agrupacións de alumnos e alumnas da Escola Municipal de Danza xunto co alumnado da Escola Municipal de Música.

Programa:

-    Hoxe, 15 de decembro: actuación de Moderna. Actuación do alumnado das especialidades de Street Dance e de Jazz da Escola de Danza, con música en directo interpretada polos combos de Música Moderna  e de Jazz da Escola de Música. Esta actividade conxunta desenvolverase no auditorio Gabriel García Márquez, de Mera ás 18.30 horas.

-    O 17 de decembro ás 18.30 h no auditorio Gabriel García Márquez. Actuación conxunta das pequenas agrupacións da Escola de Música: colectiva de cordas, colectiva de guitarra, preorquestras, prebandas, Coro de Voces Brancas e coros, xunto cos grupos da Escola de Danza: grupo de developpé, danza caracter, equilibristas e Luci Care.

-    O 20 de decembro ás 18.00 h no auditorio Gabriel García Márquez. Festival de “Música e Movemento” co alumnado deste nivel que teñen entre 4 e 7 anos de idade.

-    O 21 de decembro ás 19.00 h: concerto da Banda da Escola Municipal de Música, no auditorio Gabriel García Márquez. Antes deste concerto terá lugar unha interpretación de prebandas, despois rematarase cunha actuación conxunta do Coro de Voces Brancas e da Banda.
 

back link